de benegás

15 abril 2009

Andan no BNG a facer reflexión sobor das causas da súa última derrota mais, ao pouco que miremos con algo de atención descubrimos a verdadeira loita. Non lles interesan os votantes,están convencidos de que só eles teñen a razón : “Non vos preocupedes -dinlle á militancia – a razón e a  HISTORIA están do noso lado  e moi pronto o pobo galego cairá da burra e  comprenderá as nosas verdades,os fundamentos da súa salvación, que so nós coñecemos”.

Pechados nos seus despachos, os promotores das tres listas salvadoras, discuten como destruír aos adversarios: Paso previo e necesario para acadar a verdadeira liberación.

O camiño vai ser duro por iso ,  uns deben conservar as súas cuotas de poder e as nóminas que lles permiten  manter a súa loita, outros teñen que acomodar aos que viron a luz non sillóns oficiais e agora xa non poden vivir nas tebras e , por último, temos aos que queren reescribir a historia e librar unha batalla que non souberon dar no seu tempo.

Como podedes ver, unha festa ! mentras,o pobo rí polo baixo e pensa: “Aínda non aprendestes desta pero, XA APRENDEREDES !!

O Leo non quere música.

19 xaneiro 2009

Este é un video educativo onde se pode ver e escoitar o dialogo entre un “neofillo” e un “neopai” e as súas dificultades de comunicación(non saben o que lles agarda).Aqui vemos como o pai non da entendido o que desde fóra entendemos á primeira,mesmo a súa avoa Pepita: O LEO NON GOSTA DOS TRIBALISTAS,sobre todo en versión paterna.

O meu quebracabezas

16 xaneiro 2009

Isto é unha cousa moi doada

Sonhos.

15 xaneiro 2009

Sonhos nascen en 2003 como unha viaxe a través de diferente xéneros,sen fronteiras musicais e apostando pola fusión de estilos.Aquí podes ver unha mostra do seu traballo.

xenocidio en gaza

palestina vencerá

Unhas bonitas paisaxes


Created with Admarket's flickrSLiDR.

“as nosas vidas…..”

que subxestións podes facer a partir das palabras do título e máis da imaxeUn arroyo en medio el bosque.

a poesia galega de teresa seara

14 xaneiro 2009

Un traballo moi interesante sobre a poesia galega actual e sobre o papel central  que desmpeñan as autoras.Hoxe seguramente podemos destacar como unha das características da poesia galea actual  o predominio das mulleres que reclaman  o papel que lles corresponde :”Penélope tamén quere navegar”.

poesia galega
View SlideShare document or Upload your own. (tags: galega estudo)

De interese para os clubes de lectura.

13 xaneiro 2009

Tendo en conta que últimamente os clubes de lectura están demostrando ser unha boa ferramenta para traballar a animación á lectura,despertar o interese lector no alumnado e familiarizalo con o uso das bibliotecas,entre outras cousas.Non estaría demais relacionar este traballo con uso das novas tecnoloxías e como nos poden servir de axuda para aceder ás obras,á biografía dos autores ou aos distintos comentarios e críticas e para iso unha das mellores páxinas é a da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña.